Arrugas impúxose como mellor longametraxe na 30ª edición do Festival de Animación de Stuttgart, un dos máis importantes do mundo e o segundo máis importante de Europa despois do festival de Annecy, que terá lugar a comezos de xuño e onde Arrugas está seleccionada en competición oficial. |
|
|
Álvaro Mendoza, director de Amprods; Ana Riveiro, directora de produción de Congo Producciones; e Jesús Vecino, director de Bren Entertainment, estarán esta semana no Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), título propio da Universidade da Coruña que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, para falar sobre produción de documentais, anuncios publicitarios e proxectos de animación. |
|
Ler máis... |
| O martes 15 e o mércores 16 do presente mes de maio levaranse a cabo as proxeccións dos ganadores dos IV Premis Gaudí, que recoñecen a labor dos mellores profesionais do cinema en Cataluña, no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). O acto entra dentro da habitual colaboración que manteñen dende hai xa tres anos a Acadèmia del Cinèma Català e a Academia Galega do Audiovisual. |
|
Ler máis... |
| A Federación de Cineclubes de Galicia (FECIGA), presentará este sábado 12 de maio, dentro dos Encontros de cinema de Viana do Castelo (Portugal), a rede alternativa, constiuída principalmente con produccións galegas, para a súa difusión polos cineclubes de Portugal, Cataluña e Galicia. |
|
Ler máis... |
| A cutametraxe documental "Cine do Pobo" gana o premio no prestixoso IX festival internacional de curtametraxes "Curtocircuíto" que se está a celebrar en Santiago de Compostela. |
|
Ler máis... |
| Mañá día 12 de maio ás 18.00h, proxectarase para maiores de 10 anos Ohayo, de Ozu, no Centro Galego de Artes da Imaxe. A entrada é de balde |
|
Ler máis... |
| Presentouse o IX Festival de Cans, que se celebrará do 23 ao 26 de maio en Cans, pertencente ao concello pontevedrés de Porriño, organizado pola Asociación Cultural Arela. Este ano, o evento volve contar cos seus concursos de curtametraxes de ficción, de animación e videoclips galegos. Tamén haberá outras proxeccións de curtas e longametraxes (incluíndo a estrea de Personal Movie), unha vintena de actuacións musicais, e encontros con profesionais como Isabel Coixet, Antón Reixa, Sandra Sánchez ou Ángel de la Cruz. Ademais, entregarase o premio Pedigree a Antonio Durán "Morris". |
|
Ler máis... |
| O Centro Galego de Artes da Imaxe estrea mañá venres día 11 de maio (20.30 horas) o filme Las marimbas del infierno (2010) de Julio Hernández Cordón. |
|
Ler máis... |
| Os autores de Justino, un asesino de la tercera edad, Matías juez de línea ou Atilano presidente, coñecidos como La Cuadrilla, amosarán no (S8) 3ª Mostra de Cinema Periférico da Coruña os seus primeiros traballos en Super 8. Así o anunciaron esta mañá no Salón de actos da Real Academia de Bellas Artes, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, María Faraldo, a concelleira de Cultura do Concello da Coruña, Ana Fernández, o vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual, Jorge Coira, e o director da Mostra, Ángel Rueda. |
|
Ler máis... |
| O músico, director de cine e produtor audiovisual Antón Reixa converteuse no novo presidente da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), cargo no que concorren tamén as presidencias da Xunta Directiva e do Consello de Dirección. Así o decidiron maioritariamente os membros da Xunta Directiva o pasado 8 de maio, en Madrid. Reixa obtivo 24 votos dos 37 membros presentes (2 non asistiron), mentres que José Miguel Fernández Sastrón logrou 11. Ademais, houbo 2 votos en branco. |
|
Ler máis... |